Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 20 de xullo de 2016 Páx. 31614

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1039/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1039/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nedzad Sinanovic Sogolj contra Gestión Hostelera de Cambre, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 332/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 1039/2015.

Demandante: Nedzad Sinanovic Sogolj.

Letrado:

Demandado: Gestión Hostelera de Cambre, S.L.

Letrado:

Fogasa

Letrado: Prosper Montalvo.

Sentenza nº 332/2016.

A Coruña, 21 de xuño de 2016

Resolución

1º. Estimo a demanda sobre reclamación de cantidade formulada por Nedzad Sinanovic Sogolj fronte a Gestión Hostelera de Cambre, S.L. e, en consecuencia, condénoa a aboar ao primeiro a suma de 2.695,87 euros polos conceptos descritos na declaración de feitos probados desta resolución, así como o xuro moratorio previsto no artigo 29.3 do ET.

2º. O Fogasa deberase ater ao resolto no presente procedemento.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de Reforzo da Coruña.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gestión Hostelera de Cambre, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza