Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 20 de xullo de 2016 Páx. 31612

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1270/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 1270/2013, por instancia de Eladio Salgueiro García contra a empresa Royal Ofi, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, en que se ditou sentenza con data do 21.6.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase a demanda formulada por Eladio Salgueiro García fronte á empresa Royal Ofi, S.L. e ao seu administrador concursal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Royal Ofi, S.L. a aboar a Eladio Salgueiro García a cantidade de catro mil catrocentos cincuenta e catro euros con oitenta e cinco céntimos de euro (4.454,85 euros) máis os xuros legais correspondentes desde a data en que as ditas cantidades deberon ser aboadas, vinculando tales cantidades ao administrador concursal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Royal Ofi, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 27 de xuño de 2016

A secretaria xudicial