Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 20 de xullo de 2016 Páx. 31610

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (554/2015).

Rosa María Fernández Paredes, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Sarria, dá fe de que no procedemento de xuízo verbal número 554/2015, seguido ante este Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza:

Sarria, 5 de maio de 2016.

Ricardo Pailos Núñez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Sarria, vistos os autos do xuízo ordinario 554/2015, iniciado tras a interposición de demanda pola procuradora Ana María López Vila, en nome propio e en nome e representación de José María Escudero Tomás, Jaime Félix López Arias e María José García Arias, todos eles baixo a dirección letrada da propia María José García Arias, contra Teresa Dorinda García Valiña, Santiago Luis García Valiña e Valentín Valiña Losada, todos eles en situación procesual de rebeldía, ditei a seguinte sentenza.

Resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora Ana María López Vila, en nome propio e en nome e representación de José María Escudero Tomás, Jaime Félix López Arias e María José García Arias, todos eles baixo a dirección letrada da propia María José García Arias, contra Teresa Dorinda García Valiña, Santiago Luis García Valiña e Valentín Valiña Losada. En consecuencia, debo condenar e condeno a Teresa Dorinda García Valiña a aboar as seguintes cantidades:

– A Ana María López Vila: 176,16 euros.

– A María José García Arias: 423,50 euros.

– A José María Escudero Tomás: 131,08 euros.

– A Jaime Félix López Arias: 141,42 euros.

Que debo condenar e condeno a Santiago Luis García Valiña ao pagamento das seguintes cantidades:

– A Ana María López Vila: 176,16 euros.

– A María José García Arias: 423,50 euros.

– A José María Escudero Tomás: 131,08 euros.

– A Jaime Félix López Arias: 141,42 euros.

Que debo condenar e condeno a Valentín Valiña Losada a aboar as seguintes cantidades:

– A José María Escudero Tomás: 262,16 euros.

– A Jaime Félix López Arias: 282,84 euros.

Estas cantidades devindican os xuros legais correspondentes desde a interposición da demanda. As custas deberán aboalas os demandados.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non cabe recurso. Así o acorda, manda e asina Ricardo Pailos Núñez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Sarria.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Santiago Luis García Valiña, Teresa Dorinda García Valiña, Valentín Valiña Losada, expídese esta cédula para que sirva de notificación.

Sarria, 18 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza