Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 20 de xullo de 2016 Páx. 31618

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (58/2016).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 58/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alba Iglesias González contra Fondo de Garantía Salarial e Jacobo Gantes González sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza

A Coruña, 22 de xuño de 2016.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social número 3 de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento de despedimento número 58/2016, seguidos ante este xulgado por instancia de Alba Iglesias González, representada polo letrado Alejandro Fernández Blanco, contra Jacobo Gantes González (non comparecido) e contra o Fogasa, que non comparece, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Resolución

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Alba Iglesias González contra Jacobo Gantes González e declaro improcedente o despedimento da traballadora e, ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral desta coa empresa demandada, con efectos da data da presente resolución, e condeno a empresa a se ater a esta declaración e a aboar á demandante unha indemnización de 3.347,66 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñeren contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a ditou, en audiencia pública no día de hoxe, que é o da súa data.

E para que sirva de notificación en legal forma a Jacobo Gantes González, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza