Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 20 de xullo de 2016 Páx. 31620

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1123/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1123/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nedzad Sinanovic Sogolj contra Consultoría LNA 2015, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza

A Coruña, 22 de xuño de 2016

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social número 3 de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento de despedimento nº 1123/2015 seguidos ante este xulgado por instancia de Nedzad Sinanovic Sogolj, representada por José Benito García Ares, contra Consultoría LNA 2015, S.L., non comparecida, e con intervención procesual do Fogasa, representado polo letrado Alejandro Crespí Rodríguez, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Resolución

Que debo considerar e considero caducada a acción de despedimento e desestimo a pretensión de improcedencia.

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Nedzad Sinanovic Sogolj, en relación coa pretensión de aboamento de salarios, e condeno a empresa Consultoría LNA 2015, S.L. a que pague ao traballador a cantidade de 2.449,58 euros en concepto de salarios e indemnización por fin de contrato, máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñeren contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a ditou, en audiencia pública no día de hoxe, que é o da súa data.

E para que sirva de notificación en legal forma a Consultoría LNA 2015, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza