Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 20 de xullo de 2016 Páx. 31622

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (225/2012).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 225/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Silva Calvo contra Esabe Vigilancia, S.A., Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., Forensic Solutions, S.L.P. administrador concursal, sobre ordinario, se ditou o seguinte auto aclaratorio, que di así:

«Segundo. En aplicación do anterior, a parte demandada, Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, solicita aclaración por entender que se produciu un erro de transcrición no nome da dita entidade, tanto no encabezamento coma na resolución.

Efectivamente, se se examina a propia demanda e o contido de autos, incluída a conciliación xudicial, a demandada é Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e non Vigilancia Integrada, S.A. Deste modo, dise no encabezamento:

«Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 225/2012, seguidos por instancia de Jesús Silva Calvo, asistido polo letrado Sr. Castro Martínez, contra a entidade Esabe Vigilancia, S.A. (Forensic Solutiones, S.L.P., administrador concursal da anterior) e Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, e contra a entidade Vigilancia Integrada, S.A., representada e asistida pola letrada Sra. Vilas Pereira, sobre reclamación de cantidade».

Cando se debería dicir:

«Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 225/2012, seguidos por instancia de Jesús Silva Calvo, asistido polo letrado Sr. Castro Martínez, contra a entidade Esabe Vigilancia, S.A. (Forensic Solutiones, S.L.P., administrador concursal da anterior) e Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, e contra a entidade Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., representada e asistida pola letrada Sra. Vilas Pereira, sobre reclamación de cantidade».

No feito primeiro dise:

«… contra a demandada Esabe Vigilancia, S.A. e a entidade Vigilancia Integrada, S.A…».

Cando se debería dicir:

«… contra a demandada Esabe Vigilancia, S.A. e a entidade Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A.».

E na resolución dise:

«Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Jesús Silva Calvo, asistido polo letrado Sr. Castro Martínez, contra a entidade Esabe Vigilancia, S.A. (Forensic Solutiones, S.L.P., administrador concursal da anterior) e Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, e contra a entidade Vigilancia Integrada, S.A., representada e asistida pola letrada Sra. Vilas Pereira, sobre reclamación de cantidade e, en consecuencia, condeno a Esabe Vigilancia, S.A. a aboar ao demandante a suma de 1.697,28 euros.

Condeno a Forensic Solutiones S.L.P., como administrador concursal da anterior, a se ater a esta declaración.

Debo absolver e absolvo a entidade Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. de todas as pretensións deducidas na súa contra».

Cando se debería dicir:

«Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Jesús Silva Calvo, asistido polo letrado Sr. Castro Martínez, contra a entidade Esabe Vigilancia, S.A. (Forensic Solutiones S.L.P., administrador concursal da anterior) e Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, e contra a entidade Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., representada e asistida pola letrada Sra. Vilas Pereira, sobre reclamación de cantidade e, en consecuencia, condeno a Esabe Vigilancia, S.A. a aboar ao demandante a suma de 1.697,28 euros.

Condeno a Forensic Solutiones, S.L.P., como administrador concursal da anterior, a se ater a esta declaración.

Debo absolver e absolvo a entidade Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. de todas as pretensións deducidas na súa contra».

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral aplicación.

Parte dispositiva:

Procede aclarar a sentenza do 4 de maio de 2016 no sentido sinalado no fundamento xurídico segundo desta resolución».

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña resolución, pronúncioo, mándoo e asínoo. Carolina Nores Díaz, maxistrada titular do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza