Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 15 de xullo de 2016 Páx. 30853

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra

EDICTO (467/2014).

María Luisa Sánchez Garrido, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra con sede en Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal nº 467/2014, seguido por instancia de E.S. Peineto, S.L. fronte a Josefina Jalde Pena, ditouse sentenza nº 87/2015 o 14 de maio de 2015, cuxo teor literal é o seguinte:

«Decido que, estimando integramente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Ana Pazo Irazu, en nome e representación de E.S. Peineto, S.L., debo condenar e condeno a Josefina Jalde Pena, a que indemnice o demandante na cantidade de 3.522,60 euros, máis os xuros legais desde a data da sentenza, incrementados en dous puntos.

Con expresa imposición das custas á demandada.

A presente sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se deberá interpoñer no prazo dos vinte días seguintes á súa notificación ante este mesmo xulgado, conforme o disposto nos artigos 457 e seguintes da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil».

E encontrándose a devandita demandada, Josefina Jalde Pena, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Vigo, 3 de febreiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza