Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 15 de xullo de 2016 Páx. 30852

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra

EDICTO (544/2011).

Eu, María Luisa Sánchez Garrido, secretaria do Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra con sede en Vigo, dou fe e certifico que neste órgano xudicial se tramita xuízo verbal 544/2011, seguido por instancia de Garci Venta, S.L. contra Jaime Antonio Mein Domínguez, sobre reclamación de cantidade, nos cales, por Resolución do 27 de xaneiro de 2016, se acordou publicación da resolución da sentenza ditada o 7.12.2012:

«Decido que, estimando integramente a demanda interposta pola procuradora Sra. Robés na representación acreditada, debo condenar e condeno a Jaime Antonio Mein Domínguez a satisfacer á demandante a cantidade de 1.199,93 euros, máis xuros legais desde a interpretación xudicial, máis xuros de demora procesual desde a data da sentenza ata o seu completo pagamento, todo iso con expresa imposición á demandada das custas causadas.

A presente resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún.

Así, por esta a miña sentenza, que se rexistrará no libro de sentenzas e da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

José Mª Blanco Saralegui, maxistrado do Xulgado Mercantil 3 de Pontevedra».

E para que conste, a efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Jaime Antonio Mein Domínguez, expido e asino o presente edicto.

Vigo, 27 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial