Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 15 de xullo de 2016 Páx. 30850

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 315/2016-PM-A).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 315/2016 PM-A

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 782/2014 Xulgado do Social número 2 de Ferrol

Recorrente: Darío Grobas Silva

Avogada: María Consolación Fernández Dobarro

Recorridos: Fogasa, administración concursal Electroships Galicia (Rafael Pereira González), Austen, S.L., Elliot Telecom, S.L., Electroships Galicia, S.L.

Avogado: Rafael Pereira González

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de Xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 315/2016 desta sección, seguido por instancia de Darío Grobas Silva contra a empresa Fogasa, administración concursal Electroships Galicia (Rafael Pereira González), Austen, S.L., Elliot Telecom, S.L., Electroships Galicia, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que desestimamos o recurso de suplicación presentado por Darío Grobas Silva contra a sentenza de data 27 de marzo de dous mil quince, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Ferrol, seguido por instancia do recorrente contra as empresas Electroships Galicia, S.L., Elliot Telecom, S.L. e W-B Austen, S.L., sobre despedimento, polo que debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución contra a que se recorre.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Austen, S.L., Elliot Telecom, S.L., Electroships Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza