Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 15 de xullo de 2016 Páx. 30860

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (SSS 417/2015).

SSS Seguridade social 417/2015

Sobre: seguridade social

Demandante: Fremap

Avogado: Guillermo Amigo Estrada

Demandados: Cortes Derribos y Excavaciones, S.A., Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS)

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de seguridade social 417/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fremap contra a empresa Cortes Derribos y Excavaciones, S.A., o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Apreciando a falta de competencia territorial deste xulgado para coñecer da demanda interposta pola Mutua Fremap fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e fronte á mercantil Cortes Derribos y Excavaciones, S.A., absolvo os demandados das pretensións exercidas na súa contra, e poderá deducir o demandante a súa demanda ante os xulgados de Vigo ou Madrid.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de cinco días, conforme dispoñen os artigos 192 e seguintes da Lei da xurisdición social.

Así o pronuncio, mando e asino.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Cortes Derribos y Excavaciones, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 17 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza