Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 15 de xullo de 2016 Páx. 30862

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (278/2012).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 278/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Ramón Varela Graña contra Yesos y Escayolas J Liste, S.L. e o Servizo Público de Emprego Estatal se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Debo aclarar e aclaro a sentenza ditada nos presentes autos de Seguridade Social nº 278/2012, con data do 29 de marzo de 2016, no seu fallo que queda redactado do modo seguinte: “que estimando integramente a demanda interposta por José Ramón Varela Graña, contra o Servizo Público de Emprego Estatal e contra Yesos y Escayolas J. Liste, S.L., debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a prestación por desemprego, cun total de 180 días de prestación, con data de inicio o 17.11.2011 e cunha base reguladora diaria de 44,09 euros, condenando as demandadas a que así o recoñezan, acaten e aboen, declarando a responsabilidade directa da empresa Yesos y Escayolas J. Liste, S.L. pola prestación por desemprego a que ten dereito o demandante conforme unha base reguladora de 44,09 euros diarios, por incorrer en infracotización, con obriga de anticipo por parte do Servizo Público de Emprego Estatal, sen prexuízo das accións de repetición que lle poidan corresponder ao Spee fronte á mercantil Yesos y Escayolas J. Liste, S.L.“

Permanecerá a sentenza incólume en todo o demais.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza a que se refire a presente aclaración.»

E para que sirva de notificación en legal forma a Yesos y Escayolas J Liste, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para a súa colocación no taboleiro de anuncios desta oficina xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza