Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 15 de xullo de 2016 Páx. 30864

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 673/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Narciso Touris Otero contra Talleres J e M Fernández, S.L., Automóviles J e M Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario e Talleres Fernández A Coruña, S.L., rexistrado co nº DSP 673/2014, se acordou notificar parte dispositiva dos autos e dilixencia de ordenación ditada no procedemento a Talleres J e M Fernández, S.L., Automóviles J e M Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario e Talleres Fernández A Coruña, S.L., en ignorado paradoiro:

Auto: 00039/2016.

DOI despedimento obxectivo individual 152/2016.

Auto.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2016.

Parte dispositiva.

Dispoño: acordar a acumulación dos presentes autos ao procedemento de resolución contractual nº 673/2015 seguido perante este mesmo xulgado, continuándose a súa tramitación nun único procedemento.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de autos deste órgano xudicial, deixando copia testemuñada nas actuacións.

Notifíqueselles ás partes.

Auto: 40/2016.

Doi despido objetivo individual 224/2016.

Auto.

Maxistrada xuíza.

Susana Villarino Moure.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2016.

Parte dispositiva

Dispoño: acordar a acumulación dos presentes autos ao procedemento de resolución contractual nº 673/2014 seguido perante este mesmo xulgado, continuándose a súa tramitación nun único procedemento.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de autos deste órgano xudicial, deixando copia testemuñada nas actuacións.

Notifíqueselles ás partes.

Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza.

Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2016.

As anteriores citacións dirixidas ás codemandadas e devoltas con resultado negativo por descoñecidas únanse a autos.

Respecto ás citacións de Talleres J e M Fernández, S.L., Automóviles J e M Fernández e SS Fernández Concesionario, estese ao acordado respecto á súa citación edictal en dilixencia de ordenación de 20/05/2016.

Respecto á citación de Talleres Fernández A Coruña S.L. consúltense as bases de datos informáticas co fin de descubrir o seu domicilio. Á vista do resultado da indagación domiciliaria cítese por medio de edictos que se publicarán no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Respecto á citación de Talleres Fernández A Coruña S.L. consúltense as bases de datos informáticas co fin de descubrir o seu domicilio. Á vista do resultado da indagación domiciliaria cítese por medio de edictos que se publicarán no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2016

A letrada da administración de xustiza