Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 15 de xullo de 2016 Páx. 30867

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 50/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 50/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Antonio Baña Martínez contra a empresa Nova Albariza, S.L., Gallega de Servicios Despiece, Reparto y Restauración, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Dispoño:

1º. Declarar extinguida, desde o día de hoxe, a relación laboral que vinculaba a José Antonio Baña Martínez coas empresas Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L. e Nova Albariza, S.L., e condeno as executadas, conxunta e solidariamente, ao aboamento da cantidade de 24.888,84 € en concepto de indemnización e de 18.574,76 € en concepto de salarios de tramitación (cifras, ambas as dúas, nas cales deben entenderse xa incluídas as que foron obxecto de respectivas condenas na sentenza). Os ditos importes devindicarán, a partir de hoxe e ata o seu completo aboamento, os xuros moratorios procesuais que explicita o artigo 576 da LAC.

2º. Condenar o Fondo de Garantía Salarial, na súa condición de responsable legal subsidiario, a estar e pasar pola condena imposta á entidade codemandada no parágrafo que antecede.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que, contra ela, cabe interpor recurso de reposición no prazo de 3 días e ante este mesmo órgano xurisdicional.

Así o acorda, manda e asina Javier Fraga Mandián, xuíz substituto deste xulgado. Dou fe.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Nova Albariza, S.L., Gallega de Servicios Despiece Reparto y Restauración, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza