Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 15 de xullo de 2016 Páx. 30858

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (328/2016).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 328/2016 por instancia de Celia Zas Iglesias contra Paynar Textil y Moda, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 16 de xuño de 2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Celia Zas Iglesias fronte á empresa Paynaf Textil y Moda, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Paynaf Textil y Moda, S.L. á demandante.

– Enténdese, ante a imposibilidade de readmisión, feita a opción pola indemnización.

– Declárase a extinción, con data da presente resolución, da relación laboral que unía a demandante coa empresa Paynaf Textil y Moda, S.L.

– Condénase Paynaf Textil y Moda, S.L. a aboar a Celia Zas Iglesias en concepto de indemnización a cantidade de catro mil cincocentos oitenta e nove euros con vinte e tres céntimos de euro (4.589,23 euros), así como, en concepto de salarios de tramitación, a cantidade de cinco mil cincocentos doce euros con trece céntimos de euro (5.512,13 euros).

– Condénase Paynaf Textil y Moda, S.L. a aboar a Celia Zas Iglesias en concepto de cantidades salariais a de dous mil novecentos noventa e nove euros con dous céntimos de euro (2.999,02 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a empresa Paynaf Textil y Moda, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de xuño de 2016

A secretaria xudicial