Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 15 de xullo de 2016 Páx. 30856

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1689/2014).

Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Vigo, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento de divorcio seguido por instancia de Yurisleidy Arteaga Martínez fronte a Miguel Alejandro Cid Morales se ditou sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza nº 748

En Vigo, catro de decembro de dous mil quince.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada-xuíza titular do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 1689/2014 sobre disolución do matrimonio por divorcio, actuando como demandante Yarisleidy Arteaga Martínez, representada polo procurador dos tribunais Javier Toucedo Rey e con asistencia letrada de Beatriz Senra González, contra Miguel Alejandro Cid Morales, declarado en situación de rebeldía procesual, sobre a base dos seguintes:

(seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Decido

Na demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Toucedo Rey, en nome e representación de Yarisleidy Arteaga Martínez, contra Miguel Alejandro Cid Morales, declarado en situación de rebeldía, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado os referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, deixándose constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Así, por esta a miña sentenza da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose o devandito demandado, Miguel Alejandro Cid Morales, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 22 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza