Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 6 de xullo de 2016 Páx. 28788

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (33/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 264/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Paz Ces Piñeiro contra a empresa Salvamento e Contraincencios, S.L., Academia Abrente, S.L., Alquileres y Servicios Educativos, S.L., se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva:

Declaro a nulidade parcial do auto do 15 de xullo de 2015 en canto ao pronuncimento de despacho de execución respecto de Salvamentos e Contraincendios, S.L. e das actuacións executivas posteriores en relación coa dita empresa.

Acordo que non procede despachar a execución solicitada respecto de Salvamentos e Contraincendios, S.L. por corresponder a competencia ao xuíz do concurso, Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña.

Pásense as actuacións á letrada da Administración de xustiza para que continúe coa execución.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada-xuíza

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de notificación en legal forma a Salvamentos e Contraincencios, S.L., Academia Abrente, S.L., Alquileres y Servicios Educativos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza