Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 6 de xullo de 2016 Páx. 28786

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (573/2011).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 573/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Thierry Marie Berger Bit Parseval contra What Telecom, S.L. sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión di así:

«Decido:

Que estimo parcialmente a demanda interposta por Thierry Marie Berger BIT Parseval fronte a What Telecom, S.L. e, en consecuencia, condeno a What Telecom, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 7.914,02 euros en concepto de salarios e diferenzas salariais (3.168,55 euros), pagas extras (843,45 euros), complemento de transporte (291,24 euros), vacacións percibidas e non gozadas (922,88 euros), retribucións por obxectivos (2.381,75 euros) e gastos e axudas (306,05 euros), cantidade que debe ser incrementada no 10 % de xuros de demora do artigo 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais (salarios, diferenzas salariais, pagas extras, complemento de transporte e retribucións por obxectivos) e cos xuros do artigo 1.108 do CC, calculados desde a data do despedimento, respecto dos gastos e axudas.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a What Telecom, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza