Logo de advertir un erro na dita notificación, publicada no DOG núm. 104, do xoves, 2 de xuño de 2016, cómpre facer a oportuna corrección na páxina 21731, parágrafo catro:
Onde di:
«O interesado pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1, 3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.»
Cómpre dicir:
«O interesado pode recoller a notificación mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1, 3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.»
Deberase suprimir o parágrafo comprendido entre as páxinas 21731 e 21732:
«Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no páragrafo anterior sen que o interesado compareza, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8.1 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).»
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2016
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública