Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28563

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (524/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 524/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marius Ionut Popescu contra Constructora San José, S.A., Dyr Yiranny Instalación y Decoración en Placas de Yeso, S.L., Somague Engenharia S.A.-Sacyr, S.A., UTE As Cancelas Santiago, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Cédula de citación.

Tribunal que ordena citar.

Xulgado do Social número 1.

Asunto en que se acorda.

Procedemento ordinario 524/2013.

Persoas que se citan.

Dyr Yiranny Instalación y Decoración en Placas de Yeso, S.L., Somague Engenharia, S.A., sucursal en España Sacyr, S.A., UTE As Cancelas Santiago, Constructora San José, S.A., como partes demandadas.

Obxecto da citación.

Asistir nesa condición aos actos de xuízo/conciliación e, de ser o caso, xuízo, concorrendo a tales actos coas probas de que intente valerse e tamén, se a parte contraria o pide e o tribunal o admite, contestar as preguntas que lles formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que deben comparecer.

Deben comparecer o día 12 de xullo de 2016, ás 12.30 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio na rúa Berlín, ao acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, no caso de non avinza, o 12 de xullo de 2016, ás 12.30 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio da rúa Berlín, ao acto de xuízo.

Prevencións legais:

1. A incomparencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, e este continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS)).

2. Fáiselles saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación –procurador ou graduado social para a súa representación. O que se lles comunica para os efectos oportunos.

3. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que intente valerse (artigo 82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, no caso contrario, poderanse considerar recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con aqueles que legalmente as representen e teñan facultades para responder tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá achegar ao xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se debe someter ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán así mesmo solicitar, polo menos con dez días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, tendo que se practicar nel, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.3 da LXS).

4. Advírteselles que a parte demandante solicitou como probas:

Téndose solicitado o interrogatorio de parte, e sendo a mesma persoa xurídica, débense facer as advertencias que se conteñen no artigo 91.3 e 5 da LXS. Conforme dispón o dito precepto, o interrogatorio das persoas xurídicas privadas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder tal interrogatorio. Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá achegar ao xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio e xustificar debidamente a necesidade do dito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente se poderá acordar dentro do interrogatorio da parte por conta da cal actuasen e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestar xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

Para tal efecto indícaselles que, se non comparecen, se poderán ter por certos os feitos da demanda en que interviñesen persoalmente e lles resultaren en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 da LXS).

A achega ao acto do xuízo dos seguintes documentos, referenciados no segundo outrosí di:

Documental.

Advírteselles que, se os citados documentos non se presentan ao xuízo sen mediar causa xustificada, se poderán considerar probadas as alegacións da parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94 da LXS).

5. Deben comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5, parágrafo 1, da Lei de axuizamento civil (LAC); fáiselles saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6. Tamén deberán comunicar, antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión dos actos de conciliación e/ou xuízo a que se convocan (artigo 183 da Lei de axuizamento civil (LAC)).

7. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar á data de sinalamento, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que poidan estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que isto supoña a suspensión salvo que de común acordo o soliciten ambas as partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá exceder os quince días.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2016.

A letrada da Administración de xustiza.

Dyr Yiranny Instalación y Decoración en Placas de Yeso, S.L.

Rúa Pico de los Artilleros, 62, 1º B, 28030, Madrid».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Dyr Yiranny Instalación y Decoración en Placas de Yeso, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza