Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28562

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (69/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 69/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Fabián Míguez Parcero contra a empresa Denim Sport Wear, S.L. (antes Don Vaquero Sport Wear) e Fondo de Garantía Salarial se ditou a seguinte sentenza, cuxa decisión se achega:

«Decido.

Que estimando integramente a demanda interposta por Fabián Míguez Parcero, contra Denim Sport Wear, S.L. (antes Don Vaquero Sport Wear, S.L.) e Fogasa, debo declarar e declaro o dereito da actora a percibir a cantidade de 5.702,80 euros polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta resolución, e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade demandada a aboarlle ao demandante a suma de 5.702,80 euros polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta resolución, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir desta resolución.

En relación coa responsabilidade do Fogasa deberá estarse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación desta resolución.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Denim Sport Wear, S.L. (antes Don Vaquero Sport Wear), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para a súa colocación no taboleiro de anuncios desta oficina xudicial.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza