Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28567

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (875/2015).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 875/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Flora Gómez Outeiral contra Frutas Rías Baixas, S.L., Natalia Torrado Viturro, Tomate Mas Fruta, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Visto o estado que manteñen as presentes actuacións, acórdase sinalar para a súa celebración o próximo día 3.8.2016 ás 11.05 horas para a celebración do acto de conciliación e ás 11.10 horas para o acto de xuízo, na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Berlín s/n, e citar en legal forma as partes cos mesmos requirimentos e apercibimentos da primeira resolución que convoca ao dito acto.

Para que sirva de notificación e citación en legal forma a Frutas Rías Baixas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza