Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 1 de xullo de 2016 Páx. 28019

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (223/2016).

DSP. Despedimento/cesamentos en xeral 223/2016

Procedemento orixe sobre despedimento

Demandante: Ricardo Rosende Louro

Avogada: Lidia Vázquez Méndez

Demandados: Monsial, S.L.U., Fondo de Garantía Salarial

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 223/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ricardo Rosende Louro contra Monsial, S.L.U. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Ricardo Rosende Louro contra a entidade Monsial, S.L.U. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento do cal o demandante foi obxecto con data do 10 de febreiro de 2016, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data desta resolución (8.6.2016), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Monsial, S.L.U. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 3.192,41 euros e por salarios de tramitación a razón de 8.126,46 euros.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Ricardo Rosende Louro contra a entidade Monsial, S.L.U. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Monsial, S.L.U. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 1.143 euros brutos polos salarios devindicados en febreiro de 2016, liquidación de pagas extras e a compensación económica por falta de aviso previo, incrementadas no xuro do 10 % por mora aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma á empresa Monsial, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza