Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 1 de xullo de 2016 Páx. 28021

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (16/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento monitorio 16/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Silverio López Segui contra a empresa Selección Alimentaria de Alta Gama, S.L., se ditou decreto cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Acordo:

Considerar que Antonio Silverio López Segui desiste da súa demanda.

Unha vez firme esta resolución, arquivaranse os autos.

E para que sirva de notificación en legal forma a Selección Alimentaria de Alta Gama, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 6 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza