Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 1 de xullo de 2016 Páx. 28022

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (460/2015).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 460/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Salvador Enrique Beltrán García contra a empresa Y Tú Que Haces, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Desestimo a demanda interposta por Salvador Enrique Beltrán García fronte á empresa Auga V. A Xestión e Mantenemento, S.L., fronte á mercantil Y Tú Qué Haces, S.L., e fronte á Academia Galega de Seguridade Pública e absolvo as codemandadas da pretensión suscitada fronte a elas.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que se deberá anunciar dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza. A recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, deberá consignar a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación “Depósitos e consignacións”, co número 5081, e especificar a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar, no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, ben que se pode asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Y Tú Que Haces, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 6 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza