Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 30 de xuño de 2016 Páx. 27755

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 811/2013).

Eu, Marta Yanguas del Valle, sletrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 811/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Belén Salgado Montoto contra a empresa IML Grupo Indega, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 218/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 811/2013.

Demandante: María Belén Salgado Montoto.

Letrado: Sr. Taibo López.

Demandada: IML Grupo Indega, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Letrado: Sr. Crespí Rodríguez.

Sentenza 218/2016.

A Coruña, 13 de maio de 2016.

Resolución:

1. Estimo a demanda formulada por María Belén Salgado Montoto contra IML Grupo Indega, S.L. e, en consecuencia, condénoa a aboarlle á demandante a cantidade de 34.562,95 euros en concepto de indemnización polo seu despedimento obxectivo con data de efectos do 31 de decembro de 2011, declarado improcedente en virtude de resolución xudicial firme.

2. O Fogasa deberase ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social, cos límites previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación en legal forma a IML Grupo Indega, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza