Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 30 de xuño de 2016 Páx. 27753

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (962/2014).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 962/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Felipe Manuel Santiago Pedrosa contra S&V Seguridad, S.A., Prosegur Compañía de Seguridade, S.A., Mutua Madrileña Automovilista, S.A., Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza: 269/2016

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: seguridade social 962/2014

Demandante: Felipe Manuel Santiago Pedrosa

Letrado: Sr. Novo Prego

Demandado: INSS

Letrado: Sr. González Quintás

– S&V Seguridad, S.A.

– Mutua Madrileña Automovilística, S.A.

– Mutua Umivale

Letrado: Sr. Sabell Peláez

– Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Letrado: Sr. Torrado Oubiña

– Prosegur Compañía de Seguridad, S.A.

Sentenza 269/2016

A Coruña, 24 de maio de 2016

Fallo

1. Desestimo a acción sobre recoñecemento de incapacidade permanente formulada por Felipe Manuel Santiago Pedrosa fronte ao INSS, TGSS, S&V Seguridad, S.A., Prosegur Compañía de Seguridad, S.A., Mutua Umivale e Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e, en consecuencia, confirmo a resolución contra a que se recorre do INSS de data do 14 de xullo de 2014.

2. Tense o demandante desistido da súa pretensión contra a entidade Mutua Madrileña Automovilista, S.A.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a S&V Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, vinte e seis de maio de dous mil dezaseis

A letrada da Administración de xustiza