Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 30 de xuño de 2016 Páx. 27751

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (468/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 468/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Daniel Sambad Ordóñez contra Enrique Amable Castro Abdala, María del Carmen Oliva, Centro Integral de Belleza Carmen, S.C., sobre despedimento, cuxo encabezamiento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 260/2016

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 468/2015.

Demandante: José Manuel Sambad Ordóñez

Letrada: Sra. Morelo Bermúdez

Demandados:

– Centro Integral de Belleza Carmen, S.C.

– Enrique Amable Castro Abdala

– María del Carmen Oliva, con NIE X3449724T

Sentenza 260/2016

A Coruña, 19 de maio de 2016

Decisión

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Daniel Sambad Ordóñez fronte a Centro Integral de BelLeza Carmen, S.C., Enrique Amable Abdala e María del Carmen Oliva, con NIE X3449724T, e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno os demandados a que readmitan inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento ou ben, á elección daqueles, a que extingan a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, é a seguinte:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 215,16 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 39,12 €/día.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela poderase interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Enrique Amable Castro Abdala, María del Carmen Oliva, Centro Integral de Belleza Carmen, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza