Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 30 de xuño de 2016 Páx. 27749

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (679/2015).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber:

Que no procedemento despido obxectivo individual 679/2015 deste Xulgado do Social, seguidos por instancia de Rafael Ocampo Piñeiro contra a empresa Ángel Martínez Pérez, Fondo de Garantía Salarial Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Que estimo a demanda interposta por Rafael Ocampo Piñeiro, fronte á empresa Ángel Martínez Pérez, declaro improcedente o despedimento do traballador demandante e, así mesmo, declaro extinguida a relación contractual entre o traballador e a empresa demandada referida, condenando a esta a que aboe ao demandante a seguinte cantidade en concepto de indemnización: 22.631,99 euros. Igualmente condeno o demandado a aboar ao demandante a suma de 7.628,76 euros, cantidade que se verá incrementada co 10 % de xuro moratorio.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establece os artigos 191 e seguintes a Lei reguladora da xurisdición social, debendo anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, debendo de consignar a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto, desta cidade, baixo a denominación “Depósitos e consignacións”, co número 5081 especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, aínda que poidan proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ángel Martínez Pérez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 6 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza