Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 30 de xuño de 2016 Páx. 27757

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 487/2013).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 487/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María de los Ángeles Catrufo Otero contra a empresa Pardo y Saavedra, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 197/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 487/2013.

Demandante: María de los Ángeles Catrufo Otero.

Letrado: Sr. Cordonie Porto.

Demandada: Pardo y Saavedra, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Letrado:

Sentenza 197/2016.

A Coruña, 10 de maio de 2016.

Resolución:

1º. Estimo a demanda formulada por María de los Ángeles Catrufo Otero contra Pardo y Saavedra, S.L. e, en consecuencia, condénoa a aboarlle á primeira a cantidade de 1.811,36 euros en concepto de salarios debidos.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pardo y Saavedra, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza