Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 30 de xuño de 2016 Páx. 27759

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 194/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 194/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Fernández López contra Plantel Servicios y Obras, S.L. e Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Decreto

Letrada da Administración de xustiza Susana Varela Amboage

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2016

Antecedentes de feito

Primeiro. Pablo Fernández López presentou demanda de execución fronte a Plantel Servicios y Obras, S.L. e Fondo de Garantía Salarial.

Segundo. Ditouse auto en que se despacha execución con data do 25.8.2015 por un total de 14.290,34 euros de principal (de 4.369,30 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 9.921,04 euros en concepto de salarios de tramitación devindicados desde o despedimento ata a notificación da sentenza), máis a cantidade de 1.429,03 euros en concepto de xuros e custas.

Terceiro. Non se atoparon bens susceptibles de embargo e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial.

Fundamentos de dereito

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado en que facer embargo, se practicarán as indagacións procedentes e, de seren infrutuosas total ou parcialmente, a letrada da Administración de xustiza da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Parte dispositiva do decreto

Acordo:

a) Declarar o executado Plantel Servicios y Obras, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 14.290,34 euros de principal (de 4.369,30 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 9.921,04 euros en concepto de salarios de tramitación devindicados desde o despedimento ata a notificación da sentenza) máis a cantidade de 1.429,03 euros en concepto de xuros e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme esta resolución, inscribila no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida a xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei de xurisdición social).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta 0049 3569 9200 0500 1274, no Banco Santander, S.A., debendo indicar no campo concepto “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un depósito por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

E para que sirva de notificación en legal forma a Plantel Servicios y Obras, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza