Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 28 de xuño de 2016 Páx. 27263

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (236/2016).

F02 Familia, guarda, custodia, alimentación fillo menor non matrimonio NO C 236/2016 AF

Procedemento de orixe: familia, garda, custodia, alimentación fillo menor non matrimonio cons. 236/2016

Sobre: filiación

Demandante: Carolin Liriano Silveiro

Procuradora: María González Nespereira

Avogado: José Manuel Morgade Méndez

Demandado: José Luis Domacasse Lugo

Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, por medio do presente,

Anuncio:

Neste procedemento, seguido por instancia de Carolin Liriano Silveiro fronte a José Luis Domacasse Lugo, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza alimentos

Sentenza 671/2016

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego

Ourense, 26 de maio de 2016

Vistos os presentes autos 236/2016 sobre petición de alimentos, garda e custodia, promovidos pola procuradora Sra. González Nespereira, en nome e representación de Carolina Liriano Silverio, dirixida polo letrado Sr. Morgade fronte a José Luis Domacasse Lugo, que foi declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Decisión:

Acordo a adopción das seguintes medidas reguladores da garda e custodia do menor Luis Hamilton Domacasse Liriano, así como a súa pensión de alimentos:

1. Atribúeselle a garda e custodia do menor á nai, sendo a patria potestade compartida por ambos os dous proxenitores.

2. Atribúeselle a José Luis Domacasse o seguinte réxime de visitas:

• O pai poderá estar en compañía do seu fillo todos os días sen pasar a noite con el, sempre que iso non interfira na formación do menor, e a repartición das vacacións de verán, Nadal e Semana Santa, por metades. Correspóndelle a elección da quenda nos ano pares á nai e nos impares ao pai.

3. En concepto de alimentos a favor do fillo común establécese a obriga do pai de aboar, dentro dos cinco días hábiles de cada mes e na conta que designe a nai, a suma de 100 euros, que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa a data 1 de xaneiro. Así mesmo, establécese a obriga de aboar o 50 % dos gastos de material escolar que se xeran anualmente no mes de setembro e o 50 % dos gastos extraordinarios, diferenciando entre os necesarios (aqueles sanitarios e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social) e os non necesarios, e será mester o consentimento previo para estes últimos e non para os primeiros. Entenderase prestada a súa conformidade se, requirido un proxenitor polo outro, de forma fidedigna, é dicir, que conste sen lugar a dúbidas a recepción do requirimento, se deixase transcorrer o prazo de dez días hábiles sen facer ningunha manifestación. No requirimento que realice o proxenitor que pretenda facer o gasto deberá detallar o gasto concreto que precise o fillo, e achegar un orzamento en que figure o nome do profesional que o expida.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal. Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de 20 días desde a notificación, recurso de apelación (artigos 457 e ss. LAC) ante este tribunal.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas, e déixese testemuño suficiente en autos.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada xuíza»

E encontrándose o dito demandado, José Luis Domacasse Lugo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 2 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza