Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 28 de xuño de 2016 Páx. 27266

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (171/2015).

Procedemento de orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Juan Carlos Souto Pailos

Avogado: José Nogueira Esmoris

Demandada: Normas Baker, S.L.

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 171/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Souto Pailos contra Normas Baker, S.L. sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Juan Carlos Souto Pailos, contra a entidade Normas Baker, S.L., e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Tracerox, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 3.082,50 € brutos por salarios devindicados nos meses de xullo, agosto e 9 días de setembro ano 2014, e quitanza da relación laboral, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Normas Baker, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza