Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 28 de xuño de 2016 Páx. 27267

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (278/2015).

Procedemento ordinario 278/2015

Sobre: ordinario

Demandante: Diego Antonio Yáñez Osores

Demandados: Fundiciones y Forjas de La Coruña, S.L., Fondo de Garantía Salarial

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 278/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diego Antonio Yáñez Osores contra Fundiciones y Forjas de La Coruña, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, procedemento ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Diego Antonio Yañez Osores contra a entidade Fundiciones y Forjas de La Coruña, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Fundiciones y Forjas de La Coruña, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 5.540,55 € brutos, por salarios devindicados entre agosto de 2014 e febreiro de 2015, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Fundiciones y Forjas de La Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza