Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 28 de xuño de 2016 Páx. 27261

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (436/2015).

F02 Familia, garda, custodia, alimentación fillo menor non matrimonio NO C 436/2015 AF

Sobre: alimentos provisionais

Demandante: Marisol Elizabeth Silva Palmer

Procurador: Ramón Montero Rodríguez

Avogada: Susana Freire Molina

Demandado: Jorge Matías Cubillana

Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense,

Fago saber:

Que, en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto en artigo 497.2 da LAC, por medio do presente se lle notifica a Jorge Matías Cubillana, en paradoiro descoñecido, a seguinte sentenza:

«Sentenza garda, custodia e alimentos

Sentenza 639/2016

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego

Ourense, 12 de maio de 2016

Vistos os presentes autos número 436/2015 sobre petición de alimentos, garda e custodia, promovidos polo procurador Sr. Monteiro, en nome e representación de Marisol Elizabeth Silva Palmer, dirixida pola letrada Sra. Freire fronte a Jorge Matías Cubillana, que foi declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Decisión:

Acordo a adopción das seguintes medidas reguladores da garda e custodia do menor Maximiliano Joaquín Cubillana Silva, así como a súa pensión de alimentos:

1. Atribúeselle a garda e custodia do menor á nai Marisol Elizabeth.

2. Atribúeselle o exercicio exclusivo da patria potestade á nai.

3. Suspéndese o réxime de visitas, que deben ser as que libremente realicen a nai e o menor.

4. Non se establece pensión de alimentos.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal. Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de 20 días desde a notificación, recurso de apelación (artigos 457 e ss. LAC) ante este tribunal.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas, e déixese testemuño suficiente en autos.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría. Dou fe».

Ourense, 12 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza