Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 28 de xuño de 2016 Páx. 27260

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (245/2015).

XVB. Xuízo verbal 245/2015.C

Procedemento orixe:

Sobre reclamación de cantidade

Demandante: Gas Natural SDG, S.A.

Procuradora: Marta María Rey Fernández

Avogado: Miguel Rodríguez-Vila García

Demandado: Jesús Gil Negreira

Eu, Mónica Rubia López, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, polo presente,

Anuncio:

Neste procedemento de xuízo verbal 245/15-C, seguido por instancia de Gas Natural SDG, S.A. contra Jesús Gil Negreira, ditouse sentenza.

Ao estar o dito demandado, Jesús Gil Negreira, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma, indicándolle que o interesado se poderá dirixir a esta oficina co fin de ter coñecemento íntegro do acto e que contra a dita sentenza cabe recurso de apelación que se interporá ante este xulgado no prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da súa notificación. A dita interposición exixe a constitución do depósito de 50 euros, mediante ingreso efectivo, en Banco Santander, conta 5095-0000-13-245-15.

A Coruña, 19 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial