Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 23 de xuño de 2016 Páx. 26555

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO (30/2014).

Procedemento ordinario: 30/2014

Procedemento orixe: sobre outras materias

Demandante: Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A. Santander Consumer

Procuradora: María Dolores Cobas González

Avogado: Luis Sangiao García

Demandados: Manuel Leira Soria, María Rosa García Álvarez

Eu, Pilar Sández González, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, fago saber que, en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei de axuizamento civil, por este edicto se lles notifica aos demandados, Mª Rosa García Álvarez e Manuel Leira Soria a sentenza ditada neste procedemento, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Vigo, 28 de outubro de 2014.

Vistos por min, Mª Belén Martínez Pato, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2, os autos de xuízo de Vigo, ordinario número 30/2014, promovidos por Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., representada pola procuradora dos tribunais Mª Dolores Cobas González e asistida polo letrado Luis Sanjiao García contra Mª Rosa García Álvarez e Manuel Leira Soria, ambos en rebeldía procesual, autos dos cales resultan os seguintes. Resolvo que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., representada pola procuradora dos tribunais, Mª Dolores Cobas González, contra Mª Rosa García Álvarez e Manuel Leira Soria, ambos en rebeldía procesual, e condeno os citados demandados a satisfacerlle á demandante a cantidade de quince mil novecentos euros con cincuenta e nove céntimos (15.900,59 euros) máis os xuros legais e, así mesmo, con imposición das custas. Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentencias.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor, no prazo de vinte días, recurso de apelación ante este xulgado, do cal coñecerá, de ser o caso, a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así, por esta miña sentenza, xulgando definitivamente nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Vigo, 26 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial