Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 23 de xuño de 2016 Páx. 26557

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo

EDICTO (211/2015 LU).

Eu, María Luisa Represa Garazo, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, polo presente edicto, certifico que no procedemento de referencia se ditou resolución que literalmente di:

«Sentenza: 106/2015.

Sentenza:

Vigo, 26 de xuño de 2015.

Vistos por min, Miguel Melero Tejerina, maxistrado xuiz do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal, seguidos por instancia de Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A. representada pola procuradora Dolores Cobas González e asistida polo letrado Luis Sanjiao García, contra Miguel Villar Pousa, en rebeldía procesual.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Resolvo:

Estimo integramente as pretensións da parte demandante e condeno a Miguel Villar Pousa a pagar a Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A. a cantidade de 5.921,22 euros, máis o xuro legal desde a data da demanda do proceso monitorio, con expresa condena en custas da parte demandada. 456.2 da LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, Banco Santander ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (concepto 3640 0000 13 0211 15) un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado. Maxistrado xuíz. Dilixencia de publicación de sentenza. Dou fe. secretaria xudicial».

E, encontrándose o demandado, Miguel Villar Pousa, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Vigo, 26 de xuño de 2015

A secretaria xudicial