Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 23 de xuño de 2016 Páx. 26553

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4613/2015).

Tipo e nº de recurso: RSU. Recurso de suplicación 4613/2015-PM

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 888/2011. Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

Recorrentes: Televisión de Galicia, S.A., Radiotelevisión de Galicia, S.A.

Avogada: Antía Celeiro Muñoz

Procuradora: María Dolores Luisa Villar Pispieiro

Recorridos: Editorial Compostela, S.A., C.T.V., S.A., Uno TV, S.L., Carlos Jiménez Díaz, Studio XXI Producciones, S.L., Sodinor, S.A., en liquidación, Área 5.1 Factoría Audiovisual, S.L., Filmanova, S.L., Dub Digital Audio, S.L., Cinemar Films, S.L., Bren Entertainment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., en liquidación, Intereuropa TV, S.A., Vídeo Galicia, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., Dobleson, S.L.

Avogados: Lucía Esther Blanco Outón, Alberte Xulio Rodríguez Feixoo

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4613/2015 desta sección, seguido por instancia de Televisión de Galicia, S.A., Radiotelevisión de Galicia, S.A., contra a empresa Editorial Compostela, S.A., C.T.V., S.A., Uno TV, S.L., Studio XXI Producciones, S.L., Sodinor, S.A., en liquidación, Área 5.1 Factoría Audiovisual, S.L., Filmanova, S.L., Dub Digital Audio, S.L., Cinemar Films, S.L., Bren Entertainment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., en liquidación, Intereuropa TV, S.A., Vídeo Galicia, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., Dobleson, S.L., sobre outros dereitos laborais, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da CRTVGA, S.A. contra a Sentenza do 26 de xuño de 2015, ditada polo Xulgado do Social número un dos de Santiago de Compostela, en proceso por despedimento promovido por Carlos Jiménez Díaz contra a recorrente, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada. Impóñenselle as custas do recurso á empresa recorrente, que comprenderán os honorarios do letrado impugnante do seu recurso por importe de 200 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo da devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Sodinor, S.A., en liquidación, Cinemar Films, S.L., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A. en liquidación, Intereuropa TV, S.A., Vídeo Galicia, S.A., Voces Meigas, S.A. e Dobleson, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza