Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 23 de xuño de 2016 Páx. 26551

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 3768/2015 -MJC -A-).

Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3768/2015 desta sección, seguido por instancia de María del Carmen Rosales Martínez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Conservas Gama, S.L. sobre xubilación, foi ditada a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da demandante, contra a sentenza do 11.6.2015, ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo en autos 57/2015, confirmamos a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que así conste, para os efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Conservas Gama, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias xudicias, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 1 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza