Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 23 de xuño de 2016 Páx. 26549

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1514/2015 IP).

Secretaría: Sra. Freire Corzo

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 1514/2015 IP

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 764/2014 Xulgado do Social número 3 de Ourense

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social

Recorridos: Pizarras Sobradelo, S.A., Pizarras Robema, S.L., Mutua Universal Mugenat, Mutual Midat Cyclops, Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, Pizarras Las Cuartas, S.L.

Avogados: (…), (…), Pablo Espinosa Medina, Wilson Domingo Jones Romero, Marta Carabanchel Sánchez, (…)

Casación en unificación de doutrina: 118/2016 IP

Parte recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de Xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1514/2015 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Pizarras Sobradelo, S.A., Pizarras Robema, S.L., Mutua Universal Mugenat, Mutual Midat Cyclops, Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, Pizarras Las Cuartas, S.L., Juan Carlos Prieto Martínez, Pizarras Dal, S.A., Barreda López e Hijos, S.L., Pizarras San Cosme, S.L., Manuel Fernández Ares, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 27 de abril de 2016.

O anterior escrito presentado pola letrada da Administración da Seguridade Social, en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o tivese designado.

Requírase a recorrente para que achegue no momento de interposición do recurso certificación da/s sentenza/s que invoca con expresión da súa firmeza.

Así mesmo, comunícaselle á recorrente que non é necesario presentar o xustificante do ingreso das taxas xudiciais ao interpor o recurso, ao non estar suxeito ao pagamento destas o recurso de casación para unificación de doutrina, segundo interpretación vinculante da Axencia Tributaria (consulta nº V3674-13).

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo de que a parte contra a que se recorre se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Barreta López e Hijos, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza