Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 23 de xuño de 2016 Páx. 26547

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4222/2015).

Tipo e nº de recurso: RSU. Recurso de suplicación 4222/2015 PM-A

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 316/2015. Xulgado do Social número 2 de Ourense

Recorrente: Cristóbal García Sobrino

Avogado: Daniel Martínez Méndez

Procuradora: María Ángeles Fernández Rodríguez

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, Especialidades Eléctricas Lausan, S.A.

Avogado: Guillermo Amigo Estrada

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4222/2015 desta sección, seguido por instancia de Cristóbal García Sobrino contra a empresa Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, Especialidades Eléctricas Lausan, S.A., sobre accidente de grao, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Cristóbal García Sobrino contra a Sentenza do 5 de xuño de 2015, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Ourense, en proceso promovido polo recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Fremap e a empresa Especialidades Eléctricas, S.A., debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Para que sirva de notificación en legal forma a Especialidades Eléctricas Lausan, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza