Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 17 de xuño de 2016 Páx. 24840

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (709/2014).

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: María Emilia Piñeiro Lago

Avogada: Eva Rey Vieites

Demandados: Suargotel, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Sungalicia Gestión Hotelera, S.L.

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 709/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Emilia Piñeiro Lago contra a empresa Suargotel, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Sungalicia Gestión Hotelera, S.L., sobre ordinario, foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva é a que segue:

«Estimo parcialmente a demanda interposta por Mª Emilia Piñeiro Lago contra as empresas Suargotel, S.L. e contra Sungalicia Gestión Hotelera, S.L., e condeno Suargotel, S.L. a aboar a aquela a seguinte cantidade: 5.766,40 euros, máis 10 % de interese por demora ex artigo 29.3 do ET, no que se refire ás cantidades de natureza salarial.

Absolvo a Sungalicia Gestión Hotelera, S.L.

Con intervención do Fogasa.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes a Lei reguladora da xurisdición social, recurso que se debe anunciar dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, e consignar a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación “Depósitos e consignacións”, co número 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que se pode asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sungalicia Gestión Hotelera, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 26 de maio de 2015

A letrada da Administración de xustiza