Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 17 de xuño de 2016 Páx. 24839

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (343/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 343/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Estefanía Álvarez Mouzo contra Fondo de Garantía Salarial, Núñez Brandón, S.L. sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Estefanía Álvarez Mouzo contra Núñez Brandón, S.L. e declaro improcedente o despedimento da demandante de data de efectos 27 de febreiro de 2016 condenando a empresa a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento, dos salarios de tramitación desde a data do despedimento, ata a notificación desta resolución, que ascenden a 42,69 euros diarios ou ben o aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 690,72 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Núñez Brandón, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 30 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza