Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 17 de xuño de 2016 Páx. 24842

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (35/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 35/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Juana Lestón Santiago contra José Mari Maquinaria Galicia para Aluminio y PVC, S.L. e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto: 251/2016.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2016.

Antecedentes de feito:

Primeiro. María Juana Lestón Santiago presentou demanda de execución fronte a José Mari Maquinaria Galicia para Aluminio y PVC, S.L. e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial).

Segundo. Ditouse auto en que se despacha execución con data do 26.2.2016 por un total de 24.622,32 euros en concepto de principal (indemnización), máis outros 2.462,23 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Non se atoparon bens susceptibles de embargo e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial e a María Juana Lestón Santiago.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes da executada en que facer embargo, se practicarán as indagacións procedentes e, de seren infrutuosas, total ou parcialmente, o/a letrado/a da Administración de xustiza da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada José Mari Maquinaria Galicia para Aluminio y PVC, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 24.622,32 euros en concepto de principal (indemnización), máis outros 2.462,23 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens da executada.

c) Unha vez firme a presente resolución, inscribila no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes, e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, aberta no Banco Santander, S.A., debendo indicar, no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Mari Maquinaria Galicia para Aluminio y PVC, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza