Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 17 de xuño de 2016 Páx. 24845

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (20/2016).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 20/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Luis Vidal Romero contra a empresa Pollos Albariza, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza, Marina Pilar García de Evan.

En Santiago de Compostela, vinte e seis de maio de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Nesta oficina xudicial séguese procedemento de execución de títulos xudiciais 20/2016 por instancia de Luis Vidal Romero fronte a Pollos Albariza, S.L., despachándose execución por un importe de 36.704,62 euros de principal, máis outros 3.670,46 euros orzamentados para xuros e custas.

Segundo. Tamén nesta oficina xudicial se despachou execución fronte a Pollos Albariza, S.L. no procedemento ETX 228/2015 (por importe de 42.845,64 euros en concepto de principal, máis 4.284,56 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas).

Fundamentos de dereito:

Único. De conformidade co artigo 37.1 da LPL, cando as accións exercidas tendan a obter a entrega dunha cantidade de diñeiro e existan indicios de que os bens do debedor ou debedores puidesen ser insuficientes para satisfacer a totalidade dos créditos que se executan, deberá acordarse a acumulación de execucións, de oficio por instancia de parte, de seguirse ante un mesmo órgano xudicial.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo: acumular a presente demanda de execución á execución seguida neste oficina xudicial co número ETX 228/2015.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización, facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer perante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pollos Albariza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción en DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza