Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 16 de xuño de 2016 Páx. 24718

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo

EDICTO (778/2014).

Eu, Marta de la Rubia Almuíña, secretaria xudicial, por substitución, do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo, polo presente edicto anuncio que no procedemento ordinario 778/2014, seguido por instancia de De Lage Landen International B.V., Sucursal en España fronte a Academia Abrente, S.L. ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 1/2016.

Procedemento: xuízo ordinario 778/2014.

Obxecto: responsabilidade contractual.

Maxistrada: María de la Luz Álvarez Lagarón.

Demandante: De Lage Landen International B.V., Sucursal en España (DLL).

Procuradora: Rosario Díaz Moure.

Letrado: Marcos Vicario Trinidad.

Demandada: Academia Abrente, S.L.

Procurador/a: sen profesional designado.

Letrado/a: sen profesional designado.

Vigo, 4 de xaneiro de 2016

Seguen os antecedentes de feito e os fundamentos de dereito.

Resolución

Estimo a demanda presentada por De Lage Landen International B.V., Sucursal en España contra Academia Abrente, S.L., declaro resolto o contrato de arrendamento nº 78540016366 subscrito entre as partes o día 11.2.2013 e condeno a demandada ao pagamento á demandante da cantidade de 8.773,69 euros, máis os xuros pactados (18 % anual) devindicados pola devandita cantidade desde o 17.9.2014, e condeno a demandada á devolución dos equipamentos arrendados e ao pagamento, ata que se produza a devandita entrega, do duplo da renda mensual pactada, é dicir 622 euros mensuais e/ou a parte proporcional correspondente á fracción de mes en que se produza a devolución, máis os xuros de demora pactados (18 % anual), así como ao pagamento das custas.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra (artigo 455 da LAC). O recurso interpoñerase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación, en que o apelante deberá expoñer as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna (artigo 458.2 da LAC).

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Seguen sinatura e rúbrica».

E encontrándose o demandado, Academia Abrente, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 4 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial