Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 16 de xuño de 2016 Páx. 24720

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos

EDICTO (207/2015).

María Susana Gamonal Lombardero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, polo presente edicto anuncio:

No presente procedemento JVB 207/15 seguido por instancia de Alto Móvil, S.L. fronte a Rutas Coruña, S.L. ditouse sentenza cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolución que debo estimar e estimo a demanda formulada polo procurador Sr. García Brandariz, en nome e representación de Alto Móvil, S.L. contra Rutas Coruña, S.L, e condeno a dita demandada a aboar á demandante a cantidade de catro mil quiñentos setenta e nove euros (4.579 euros) en concepto de cantidade debida, á cal lle será de aplicación o xuro legal desde a data da presentación da demanda e os do artigo 576 da LAC desde a data da presente resolución. Con imposición de custas á dita demandada.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte da notificación daquela.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme á disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Santander na conta deste expediente 1514 indicando, no campo “concepto” a indicación “Recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

En caso de que deban realizar outros pagamentos na mesma conta, deberase verificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, encontrándose este demandado, Rutas Coruña, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Betanzos, 11 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial