Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 16 de xuño de 2016 Páx. 24716

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (313/2015).

Eu, María Jesús Pérez Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, polo presente edicto anuncio que no procedemento seguido por instancia de Sofía Rodríguez Vilas (beneficiaria do dereito a xustiza gratuíta) fronte a Lucía Rodríguez Santos, en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, polo presente notifícase a sentenza do 26.1.2016 á demandada rebelde Lucía Rodríguez Santos, cuxo encabezamento e resolución se insiren:

«Sentenza.

Vistos por min, Ana Belén López Otero, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, as presentes actuacións de xuízo verbal tramitado co número 313/2015, no cal interviñeron como demandante Sofía Rodríguez Vilas, representada pola procuradora dos tribunais Sra. Míguez Fuentes e asistida pola letrada Sra. Moure Caamaño, e como demandada Lucía Rodríguez Santos en situación de rebeldía procesual, en virtude das seguintes consideracións,

Dispoño:

Estimar substancialmente a demanda interposta por Sofía Rodríguez Vilas e, en consecuencia, condénase a Lucía Rodríguez Santos a aboar á demandante a suma de 3.708,2 euros máis os xuros legais desde a interposición da demanda, todo iso con expresa imposición das custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días a partir da súa notificación, para a súa resolución pola Audiencia Provincial, logo de depósito da suma de 50 euros.

Así o acordo, mando e asino».

E encontrándose a devandita demandada, Lucía Rodríguez Santos, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial