Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 16 de xuño de 2016 Páx. 24714

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (908/2014).

No presente procedemento seguido por instancia de José Antonio Alonso González fronte a Manuel Ángel Fernández Rodríguez, Allianz Seguros, S.A., ditouse sentenza cuxo tenor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Na cidade de Ourense o vinte e un de marzo de 2016.

Vistos por María del Pilar Domínguez Comesaña, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 desta cidade, os autos de xuízo ordinario número 908/2014, promovidos pola procuradora Lucía Saco Rodríguez, quen actúa en representación procesual de José Antonio Alonso González, asistido da letrada María Asunción Rivero Hermida, contra Manuel Ángel Fernández Rodríguez, en situación procesual de rebeldía, e contra Allianz Compañía de Seguros e Reaseguros, S.A., quen comparece representado pola procuradora Lourdes Lorenzo Ribagorda e defendida polo letrado José Carlos González Fernández.

Versan os presentes autos sobre acción persoal de natureza extracontractual en reclamación de danos persoais ocasionados en accidente de circulación.

Decido que, estimando parcialmente a demanda presentada pola procuradora Lucía Saco Rodríguez en representación de José Antonio Alonso González contra Manuel Ángel Fernández Rodríguez e contra Allianz Compañía de Seguros e Reaseguros, S.A., condénase os demandados a resarciren o demandante en concepto de danos e perdas persoais derivados do accidente obxecto de actuacións na cantidade de 137.323,49 €. Desta cantidade o actor xa percibiu 19.085,56 €, polo que lle resta por percibir 118.237,93 €.

A aseguradora incorreu en mora, polo que deberá satisfacer o xuro previsto no artigo 20 da LCS. Computados sobre os 19.085,56 € xa satisfeitos, desde a data do sinistro (3 de xaneiro de 2013) e ata o 16 de xaneiro de 2014 (data de celebración do acto de conciliación en que se ofreceu a devandita cantidade) e sobre o principal pendente desde a data do sinistro e ata o completo pagamento.

En relación ao codemandado, os xuros serán os do artigo 576 LAC.

Non se fai expresa imposición de custas.

Esta sentenza non é firme. Contra esta cabe interpor recurso de apelación no prazo dos vinte días seguintes á notificación, ante este xulgado e para ante a Audiencia Provincial de Ourense, con suxeición ao disposto nos artigos 458 e seguintes da LAC.

Indícase aos recorrentes que non se admitirá a trámite o recurso se ao interpoñelo non acreditan documentalmente teren constituído os depósitos exixidos legalmente (50 € para ambas as dúas partes e o importe da condena e os seus xuros, para a parte demandada) e ter liquidado a taxa creada pola Lei 10/2012, do 20 de novembro, se é o caso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentenza».

Ao se atopar o dito demandado Manuel Ángel Fernández Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto con fin de que sirva de notificación en forma legal.

Ourense, 2 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza