Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 14 de xuño de 2016 Páx. 24254

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO (398/2015).

Francisco Rascado González, letrado da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo, fai saber que no presente procedemento ordinario 398/2015, seguido por instancia da Comunidade de Propietarios da rúa Burgos 5 de Vigo fronte a Triatlantis Constructora, S.L. se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Xuíz que a dita: maxistrada Lomo del Olmo.

Lugar: Vigo.

Data: 14 de abril de 2016.

Demandante: C.P. da rúa Burgos 5 de Vigo.

Avogado: Carlos Coadas-Guzmán Larraya.

Procurador: Emilio José Álvarez Pazos.

Demandado: Triatlantis Constructora, S.L.

Procedemento: ordinario 398/2015-N (ETS-Resto).

Resolución.

Que estimando a demanda promovida polo procurador Emilio Álvarez Pazos en nome e representación da Comunidade de Propietarios da rúa Burgos nº 5 de Vigo, fronte á mercantil Triatlantis Constructora, S.L., debo condenar e condeno a esta a executar as obras de reparación dos danos existentes no devandito edificio de acordo co informe pericial que se lle xunta (emitido polo Sr. Correa Pazos), con imposición das costas causadas.

Modo de impugnación. Recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a D.A. décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar constituír, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banco Santander, na conta deste expediente ES5500493569920005001274 indicando, no campo “concepto” a indicación “Recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato DD/MM/AAAA.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E atopándose o devandito demandado, Triatlantis Construtora, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 20 de abril de 2016

O letrado da Administración de xustiza